O concello de Castro de Rei, ao abeiro das axudas a entidades locais de Galicia para o
financiamento de actuacións en materia de biorresiduos de competencia municipal,
cofinanciadas polo fondo europeo relativo ao Mecanismo de recuperación e
resiliencia da UE no marco do Plan de recuperación, transformación e resiliencia,
financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU, levou a cabo un proxecto de
implantación da recollida separada de biorresiduos en grandes xeradores.
Establecementos do canal HORECA, comercios de alimentación e centros educativos, entre
outros, foron os destinatarios desta iniciativa, recibindo visitas “porta a porta” por parte de
técnicos ambientais que trataron de sensibilizar in situ sobre a separación selectiva dos
biorresiduos informándolles sobre as vantaxes ambientais, económicas e sociais derivadas
desta modalidade de xestión. Asemade, fíxose entrega aos interesados de caldeiros, rolos
de bolsas compostables e guías de biorresiduos a fin de facilitar o depósito diferenciado dos
residuos orgánicos nos contedores existentes na vía pública.